O Premio Pedra do Destino 2024 recoñece a José Martínez-Romero Gandos e a Pilar Jeremías pola súa defensa da cultura galega en Arxentina

ACoruñaXa
Os galardoados recibirán un libro sobre os murais de Luis Seoane en Bos Aires, co que se honrará o seu labor de preservación do legado da emigración galega
premios pedra do destino
6 Nov 2024

Este xoves, 7 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar na sede de Portas Ártabras a entrega do Premio Pedra do Destino 2024, un recoñecemento que a asociación Amigos dos Museos de Galicia otorga anualmente desde 18 de maio, Día Internacional dos Museos. Nesta edición, o premio destaca o traballo de José Martínez-Romero Gandos, psicólogo e activista cultural galego-arxentino, e da súa compañeira Pilar Jeremías, pola súa longa traxectoria en defensa da cultura galega e do legado da emigración en Arxentina, especialmente a través da obra do recoñecido artista Luis Seoane (1910-1979).

O Premio Pedra do Destino deste ano consiste na edición dun libro, froito da colaboración coa Deputación da Coruña, que recompila un itinerario con obra mural de Luis Seoane na cidade de Bos Aires. Esta obra, elaborada polos galardoados, será distribuída entre o público asistente como agasallo, en recoñecemento ao seu esforzo por preservar e divulgar o patrimonio galego na diáspora.

José Martínez-Romero Gandos, fillo de emigrantes galegos, naceu en Bos Aires, onde se formou como psicólogo e destacou como defensor activo da obra de Seoane. Ao longo da súa vida, traballou por manter viva a figura de Seoane, valorando o seu papel como creador e humanista galeguista, e recordando o seu vínculo co tamén artista galego Isaac Díaz Pardo. Xuntos, Seoane e Díaz Pardo fundaron o Laboratorio de Formas, un proxecto de vangarda que exploraba as relacións entre arte e industria, creando as "Industrias da Memoria" como Cerámicas do Castro, Sargadelos e outras entidades culturais como o Instituto Galego da Información e o Museo Carlos Maside.

A entrada ao evento en Portas Ártabras será libre ata completar aforo, invitando a cidadanía a participar neste acto de homenaxe á cultura galega na diáspora e ao legado de Seoane.

0.2065749168396