O prazo para inscribirse no Campamento de Nadal en Vilasantar remata o 19 de decembro

ACoruñaXa
A actividade desenvolverase do 23 de decembro ao 7 de xaneiro e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos
vilasantar campamento nadal
16 Dec 2024

O Concello de Vilasantar recorda que o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal finaliza o vindeiro 19 de decembro. Este campamento, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, levarase a cabo no colexio público de Présaras do 23 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

As solicitudes de inscrición deben presentarse nas dependencias municipais ou a través da sede electrónica do concello. As prazas serán asignadas por orde de inscrición, priorizando aos menores empadroados no municipio. En caso de lista de agarda, as faltas de asistencia non xustificadas poderán supoñer a baixa no servizo.

Recoméndase aos participantes levar auga e un petisco saudable para tomar a media mañá. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981 778 169.

⚙ Configurar cookies
0.064081192016602