O PP reclama máis presenza policial e a reparación das deficiencias na rúa Alcalde Marchesi

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, reclamou este xoves un reforzo da presenza policial na rúa Alcalde Marchesi e pediu ao Goberno municipal que acometa a reparación das deficiencias que, segundo sostén, continúan sen solucionarse tras as obras executadas na vía.
Lorenzo desprazouse ata a rúa para recoller as queixas de veciños, comerciantes e hostaleiros, que, segundo indicou, trasladaron a súa preocupación pola inseguridade derivada do tráfico de drogas na contorna, así como polo estado no que continúa a rúa pese ao anuncio do Concello de que se corrixirían os problemas detectados.
O representante popular considera necesario recuperar a policía de barrio para facer fronte a esta situación e afirma que “Inés Rey debe tomarse este problema en serio porque somos la ciudad de Galicia donde se cometen más delitos y no hace nada para solucionarlo”.
En relación coas actuacións realizadas na rúa, Lorenzo critica que as reparacións anunciadas non resolveron as deficiencias existentes. Neste sentido, asegura que “Anunciaron a bombo y platillo que estaban arreglando el desastre de esta calle, pero vemos que ha quedado tan mal como antes de esta supuesta reparación. Inés Rey tardó cuatro años en atender la multitud de quejas por la gran chapuza que hizo en esta calle y no ha sido capaz de arreglarla a pesar de haber anunciado que le exigía la empresa constructora que lo solucionase”.
O candidato do PP sostén ademais que a veciñanza, os comerciantes, os hostaleiros e o seu grupo político levan denunciando desde 2022, ano no que remataron as obras, o resultado da reforma da rúa. Ao respecto, afirma que “llevamos desde 2022 en que finalizó la obra, denunciando la vergonzosa reforma que la Alcaldesa ni se atrevió a inaugurar de lo desastrosa que es, indigna de cualquier barrio de nuestra ciudad a pesar de haber gastado casi un millón de euros”.