Diego Calvo encabeza a lista do PP pola Coruña para o 18F
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar as listaxes definitivas dos partidos políticos que concorrerán ás eleccións á Xunta de Galicia o próximo 18 de febreiro. No caso do Partido Popular de Galicia a de A Coruña está encabezadas por Diego Calvo (San Saturnino, A Coruña) Licenciado en Ciencias Económicas pola USC, coa especialidade en facenda e sistema fiscal e Máster en Desarrollo Local e Comarcal. Na actualidade é o Presidente provincial do PP e vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.
En segundo lugar destaca Paula Prado del Río (Santiago de Compostela), deputada no Parlamento de Galicia e secretaria xeral do Partido Popular de Galicia. Licenciada e Doutora en Dereito pola USC, na especialidade de dereito de familia. En terceiro lugar, está María Ángeles Vázquez (Melide), Vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Xunta. Licenciada en Xeografía e Historia pola USC na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura.
O cuarto posto o ocupa, Martina Aneiros (Ferrol), delegada territorial da Xunta en Ferrol e Licenciada en Dereito pola USC. O número cinto é Borja Verea (Santiago de Compostela), presidente do Partido Popular de Santiago de Compostela e deputado no Parlamento de Galicia pola Coruña. É Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, Máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Dereito, tamén pola USC.
A Conselleira de infraestruturas e mobilidade, Ethel Vázquez (Santiago de Compostela) é a número seis da lista. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña e foi presidenta de Augas de Galicia. Mentres que o Conselleiro de economía, Miguel Corgos (A Coruña) ocupa o posto número oito, é licenciado en Ciencias Económicas pola UDC, na especialidade de economía financeira.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trénor (A Coruña) ocupa o posto número dez da lista ás eleccións do PP de Galicia. É licenciado en Dirección e Administración de Empresas pola USC. Por último, o concelleiro do Concello da Coruña, Roberto Rodríguez (A Coruña) ocupa o posto número once.
Deste modo a lista completa pola Coruña é a seguinte:
- Diego Calvo Pouso
- Paula Prado del Río
- María Ángeles Vázquez Mejuto
- Martina Aneiros Barros
- Borja Verea Fraiz
- Ethel María Vázquez Mourelle
- Fabiola García Martínez
- Miguel Corgos López Prado
- María Jesús Lorenzana Somoza
- Gonzalo Trenor López
- Roberto Rodríguez Martínez
- Carmen María Pomar Tojo
- Rubén Lorenzo Gómez
- Paula Mouzo Mas
- Cecilia Vázquez Suárez
- Ángel Rodríguez Conde
- Pablo Javier Prieto Perille
- Jesús María Fernández Rosende
- María Magdalena Pérez Millares
- María Nazaret Cendán Gayoso
- Jesús Ángel Picallo Santos
- Daniel Alejandro Remuiñán Graña
- David Manuel Neira Sieira
- Sandra Vilela Riveiro
- María José Carreira García
Suplentes
- Rogelio Lema Mougán
- Noelia Santos Pose
- Fernando Vilaboy Ledo