O PP preguntará no Pleno a Inés Rey por que non cambia de lado o carril bici en A Sardiñeira

ACoruñaXa
Os veciños, comerciantes e hosteleiros da zona piden que se modifique o trazado do carril bici, que actualmente prexudica os seus negocios
Miguel Lorenzo na Avenida da Sardiñeira
3 Dec 2024

O Grupo Municipal Popular rexistrou unha pregunta oral para o vindeiro Pleno do 11 de decembro dirixida á alcaldesa, Inés Rey, sobre a polémica ubicación do carril bici na Avenida de A Sardiñeira. Os veciños, comerciantes e hosteleiros da zona cuestionan por que o carril bici se atopa pegado ás casas, cando ao outro lado da vía non xera estes problemas, permitindo a instalación de terrazas e evitando interferencias cos traballos de carga e descarga.

O portavoz popular, Miguel Lorenzo, criticou a falta de diálogo da alcaldesa, que convocou unha reunión cos veciños en xullo cando a obra xa estaba asinada. "A negativa da alcaldesa a modificar o proxecto e escoitar as propostas dos afectados demostra unha total falta de consenso", sinalou Lorenzo, quen instou a Rey a encontrar unha solución que evite o peche de negocios establecidos na zona dende fai máis de 50 anos.

Lorenzo lembrou que situacións semellantes ocorreron nas rúas Casas de Franco e Pintor Laxeiro, onde os cambios reclamados polos veciños finalmente se levaron a cabo tras a protesta pública. No entanto, en Pintor Sarmiento, a protesta dos veciños polas modificacións propostas deixou a zona sen ningunha obra prevista.

0.16108107566833