O PP pedirá no Pleno que o Concello tome medidas para reactivar aeroporto de Alvedro
O Grupo Popular da Coruña, que se reuniu co comité de empresa de Alvedro e coa Plataforma Alvedro Voa máis Alto, presentou unha moción para o Pleno de mañá, 4 de xullo, na que insta a Inés Rey a adoptar medidas para frear para a perda de pasaxeiros, destinos, frecuencias e operacións no noso aeroporto, xa que non ten unha estratexia pensada nin consensuada co sector.
O Goberno municipal que segue sen xerente de Turismo, non ten un plan para recuperar os destinos e frecuencias perdidas. Esta semana coñecemos que tamén Volotea deixa de vender billetes para as súas conexións no noso aeroporto a partir de xaneiro.
O aeroporto coruñés ha perdido pasaxeiros de forma continuada no últimos tres meses deste ano e aínda non recuperou as cifras previas á pandemia. En marzo de 2024 o descenso de pasaxeiros foi dun 3,9%; en abril do 3,8% e en maio, dun 1%.
Outro dos motivos do descenso de pasaxeiros é o desvío dos voos cando o ceo está cuberto por néboa que non permite aos pilotos ver a pista para facer a manobra de aterraxe. A pesar de que a cabeceira norte conta desde 2008 co sistema ILS de categoría tres, a máis precisa, seguimos relegados a categoría dúas. O 65 % da pasaxe de Alvedro é de negocios. Por tanto, a cancelación de voos afecta sobre todo as empresas, sobre todo nos primeiros da mañá,
Tamén é necesario que o Goberno municipal inste o central a realizar obras urxentes no aeroporto, como a ampliación da terminal, a de maior cociente de pasaxeiros por metro cadrado de todos os aeroportos nacionais; a instalación de, polo menos, outro finger; a ampliación do espazo de salas de espera para embarcar; ou instalar un segundo filtro de seguridade debido ás colas que se forman cando teñen que embarcar pasaxeiros para avións de máis de 100 pasaxeiros.