O PP insta ao goberno local de Betanzos a mellorar a seguridade viaria en San Martiño de Tiobre

ACoruñaXa
A voceira do PP, Cecilia Vázquez, pide medidas urxentes para arranxar o mal estado das pistas e mellorar a iluminación nos accesos a San Martiño de Tiobre
Imaxe de San Martiño de Tiobre en Betanzos
15 Out 2024

A voceira do Partido Popular en Betanzos, Cecilia Vázquez, solicitou ao goberno local que adopte medidas urxentes para mellorar a seguridade viaria nos accesos a San Martiño de Tiobre dende a estrada N-VI. Segundo denuncian varios veciños, o deterioro do firme en varias pistas e a presenza de ferros que invaden a calzada supoñen un perigo para condutores e peóns.

Un dos puntos críticos atópase nunha pista que discorre por detrás do centro social Betanzos O Vello, onde a falta de mantemento é evidente. A ausencia de iluminación e o mal estado do camiño xa foron reclamados polo Partido Popular no último pleno municipal, celebrado a comezos de mes.

Vázquez lembrou que é necesario realizar traballos de desbroce das gabias, limpeza da sinalización e reparación do firme nas zonas afectadas para garantir a seguridade dos usuarios destas vías.

0.20108199119568