O PP aperta ao BNG e esixe a dimisión 'hoxe mesmo' de Inés Rey e Lage tras as denuncias internas por presunto acoso

ACoruñaXa
Miguel Lorenzo acusa á alcaldesa de 'hipocrisía' e pide a Besteiro que lles reclame as actas se non renuncian; tamén interpela ao Bloque para que elixa 'entre acusados e vítimas'
A CORUÑA miguel lorenzo
19 Dec 2025

O PP da Coruña reclamou este venres que o BNG deixe de soster ao Goberno municipal despois de coñecerse dúas denuncias internas por presunto acoso laboral presentadas no ámbito do PSOE contra a alcaldesa, Inés Rey, e contra o seu portavoz e tenente de alcaldesa, José Manuel Lage. O voceiro popular, Miguel Lorenzo, elevou o ton e pediu a saída inmediata de ambos cargos.

Na nota difundida polos populares, Lorenzo afirma: 'A Coruña no puede tener una Alcaldesa que presume de defender a las mujeres en público y las acosa en privado. No hay alternativa. No valen medias tintas'. E engade: 'A Coruña no puede tener una Alcaldesa denunciada por acoso e hipócrita: tiene que dimitir hoy mismo'.

O líder do PP local sostén que a renuncia debe incluír tamén a Lage, ao que define como 'cómplice', e advirte de que, se non dan ese paso, a responsabilidade pasaría ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. 'Inés Rey tiene que dimitir y con ella su cómplice, José Manuel Lage; si no lo hace, el secretario xeral del PSdeG tiene que pedirles sus actas y su renuncia a todos los cargos', sinala, poñendo como exemplo unha actuación similar ante un caso anterior.

Os populares engaden que, ao seu xuízo, as denuncias describen unha conduta reiterada e non un episodio illado. No comunicado sosteñen que a cidade 'non pode ter' unha alcaldesa denunciada por acoso 'compulsivo' a compañeiras e funcionarias e insisten en que existiría un 'patrón de conduta'. Lorenzo tamén vincula o caso coa imaxe pública de Rey e coa súa participación recente en iniciativas contra o acoso.

Ademais, o portavoz do PP volve situar ao BNG no centro da polémica e pregunta se vai seguir avalando ao Executivo municipal. 'Pregunto al Bng si van a ser sus cómplices y seguir apoyando a una alcaldesa denunciada por acoso e hipócrita y a su portavoz cómplice. El Bng tiene que elegir si está con los acusados o con las víctimas', conclúe.

⚙ Configurar cookies
0.074623107910156