O PP esixe ao Concello medidas que garantan a seguridade nos barrios da cidade
O portavoz do Grupo Popular, Miguel Lorenzo, reclama á alcaldesa, Inés Rey, unha solución que acabe coa desesperación dos veciños de Ronda de Nelle 120, que esta noite viviron outro pesadelo relacionado co edifico okupado.
Neste sentido, Lorenzo pide recuperar a Policía de Barrio para detectar as okupaciones ilegais e así poder actuar con celeridade e debe haber coordinación coa Delegación do Goberno, pero faltan efectivos tanto en Policía municipal como Nacional.
Unha batalla campal entre okupas que requiriu presenza policial, na que caeron cristais de xanelas a un patio interior e mesmo un televisor e que acabou cun deles trasladado en ambulancia, protagonizou a noite na zona.
Os veciños, fartos e desampardos, expresaron o seu malestar en numerosas ocasións, incluíndo protestas na rúa reclamando solucións a este problema.
O Grupo Popular ha levado este asunto a Pleno en reiteradas ocasións, pedindo ao Goberno municipal que interveña e coordínese coa Delegación do Goberno para adoptar as medidas necesarias que devolva a normalidade a este barrio.
O mesmo sucede a pouca distancia, na rúa Vizcaya 58, onde un narcopiso está a amargar a vida aos veciños de Vos Mallos e o Goberno municipal tampouco actúa a pesar das protestas públicas dos afectados.