O PP denuncia os 90 reparos de intervención en Bergondo no 2024 e esixe unha xestión máis transparente

ACoruñaXa
Advirte de irregularidades no 11% do gasto público e critica o uso reiterado de adxudicacións directas
casa-do-concello-bergondo
13 Dec 2024

O Partido Popular de Bergondo denuncia a xestión económica do equipo de goberno (PSOE e Alternativa dos Veciños) tras acumular 90 reparos de intervención no que vai de 2024, fronte aos 73 rexistrados no ano anterior. Segundo a Interventora municipal, estas actuacións poñen en cuestión a legalidade de moitas das contratacións realizadas polos concelleiros en obras, servizos e subministracións.

A interventora subliña que os reparos responden a irregularidades graves, como a ausencia de procedementos legais nas adxudicacións, que teñen carácter suspensivo. Con todo, a alcaldesa levantou todos os reparos emitidos, permitindo o pago de facturas e garantindo o funcionamento do Concello.

"Unha xestión insostible"

O PP critica que no ano 2023, dos case 10 millóns de euros contratados, máis de 5 millóns foron adxudicados directamente “a dedo”, o que supón un 11% do orzamento xestionado de forma irregular, segundo a Conta Xeral. As facturas afectadas polos reparos acadaron preto de 900.000 euros.

“Esta forma de xestionar os recursos públicos é insostible e daniña para a transparencia”, denunciaron desde o PP, que anunciou que seguirá votando en contra da aprobación das contas municipais mentres non se corrixan estas prácticas e se axusten á normativa legal.

 

⚙ Configurar cookies
0.47412300109863