O PP denuncia a parálise municipal en obras públicas que viviu A Coruña no ano 2023

ACoruñaXa
O partido sinala que, segundo os datos da Federación Galega da Construción, Ourense y Oleiros licitaron máis obras públicas que o Concello da Coruña
Imaxe do Pazo de María Pita (Casa do Concello) na Coruña
13 Mar 2024
O Grupo Popular da Coruña sinalada que os datos de licitación de obra pública realizadas durante o ano 2023 na cidade confirman o abandono dos barrios por parte go Gobenro local e a parálise na xestión municipal.
O partido explica que segundo os datos da Federación Galega da Construción, o ano pasado o Goberno municipal licitou obras por importe de 13,3 millóns de euros, sendo superado por Vigo (33,4 millóns de euros), Ourense (20 millóns de euros) e mesmo o concello veciño de Oleiros (17,4 millóns de euros).
Para os populares, estes datos confirman a falta de investimentos municipais nos barrios e únense aos 150 millóns de euros para obras que a alcaldesa Inés Rey deixou sen executar no anterior mandato a pesar da necesidade de equipamentos xeneralizada na cidade. A esta escasa licitación únese que as poucas obras que licita o Goberno municipal causan problemas aos coruñeses por non acordalas previamente.
Ademais, dneuncian que a falta de diálogo municipal cos veciños provocou protestas recentes como en Pintor Laxeiro ou Casas de Franco e preocupación entre os comerciantes de San Andrés, citando os exemplos máis recentes deste mandato.
Ademais de non licitar obras, o Goberno municipal dedícase a poñer trabas á única administración que inviste na cidade como é a Xunta de Galicia, á que lle atrasaron desde o concello investimentos como o Novo CHUAC, a estación intermodal ou as vivendas en Xuxán. Onte mesmo coñecíase que aínda non concederon licenza municipal para o segundo edificio de vivendas que o goberno autonómico vai levantar nese barrio e cuxas obras xa están adxudicadas.
0.10687208175659