O PP de Sada solicita a convocatoria da comisión de Seguridade do municipio
O Partido Popular de Sada informa de que presentou unha solicitude no Concello instando o alcalde a convocar con carácter de urxencia, a Comisión Informativa Especial sobre Seguridade Cidadá, e pedindo que se traslade invitación para participar nela ao tecido asociativo Sadense: hostaleiros, comerciantes e veciños para tratar de buscar entre todos solucións á problemática existente relacionada coa seguridade no noso municipio.
Dende o partido aseguran que aínda que a edil de Seguridade acusoulles "de alarmistas en repetidas ocasións, alegando que desde a Delegación do Goberno, nunha xunta local de seguridade, encomiouse a baixa taxa de criminalidade no Concello, despois dos roubos acontecidos nos últimos días, queda máis que demostrado que non son encomios o que necesita o municipio, senón solucións e xa".
Ademais, sinalan que tras a celebración do Touliña Pop quedou "demostrado que tanto o señor Portela como o seu equipo de goberno usan a “IA” (Inoperancia Absoluta)", manifesta Esperanza Arias, portavoz do PP. "Demostrado queda que usan “IA” cando recorreron á mesma empresa para desenvolver a Memoria Técnica de Seguridade e o Plan de Emerxencia, da cal informamos días atrás dos flagrantes fallos detectados tanto na Cabalgata de Reyes, así como no Entroido de leste mesmo ano 2024".
Esa "inoperancia" queda "evidente hoxe en día", indica Esperanza Arias, fronte a falta de información sobre a solicitude de elevar a Principal o Posto da Garda Civil de Sada, para desta forma poder dispoñer de maior número de efectivos e permanecer aberto o cuartel as 24 horas, unha moción presentada polo Partido Popular de Sada en pleno e aprobada por unanimidade.
“Seguiremos pedindo de forma contundente; reforzo de patrullas, rotación de todos os axentes polas distintas quendas, horas extras dentro do marco legal e todo o necesario para facer de Sada un municipio seguro", sinala a voceira popular.