O PP de Oleiros demanda ao Concello a mellora dos parques e xardíns tras a súa deterioración

ACoruñaXa
A oposición denuncia a deterioración e abandono dos espazos verdes e parques infantís, solicitando unha renovación urxente dos servizos e equipamentos
Imaxe dunha escaleira nun parque de Oleiros
1 Ago 2024

O grupo municipal do Partido Popular (PP) de Oleiros presentou onte no Pleno do Concello unha moción esixindo a reparación e o mantemento de case todos os parques e xardíns do municipio. A situación actual destes espazos é de deterioro e abandono, tras as reiteradas peticións do PP para licitar o servizo de mantemento.

A moción do PP destaca que, a pesar de que o Concello finalmente decidiu licitar o servizo de mantemento, o proceso de contratación estivo marcado por desorganización e problemas de xestión. O equipo de goberno de Alternativa dos Veciños non soubo xestionar correctamente a nova licitación ao finalizar o contrato vixente. Tras propor unha prórroga que foi rexeitada polos servizos de intervención municipal, o Concello decidiu ignorar o reparo e continuar pagando á empresa adjudicataria ata a nova licitación, evidenciando unha vez máis a improvisación e o descoido na contratación por parte de Gelo.

O PP de Oleiros denunciou tamén as deficiencias no estado dos elementos dos parques infantís e o deterioro de numerosos árbores nos espazos verdes do Concello, que requiren labores de mantemento que non se están a levar a cabo. “Non só é a falta de coidado que presentan moitos dos nosos parques públicos infantís e o deterioro de gran cantidade de árbores, senón que tamén demandamos ao Concello unha actualización dos elementos de xogos destes parques para garantir que se conviñan en espazos seguros para os máis pequenos”, afirmou Loli Silva, portavoz municipal do PP de Oleiros.