O PP de Culleredo denuncia que o alcalde só da "ideas" de prazas de aparcamento

ACoruñaXa
A portavoz popular, Izaskun García, denuncia a falta de transparencia do goberno local pola demora sistemática na entrega de documentación solicitada
culleredo - o burgo
18 Mar 2024

No pasado pleno ordinario de Culleredo celebrado o 27 de febreiro, e ante a pregunta realizada polo Grupo Municipal Popular sobre a evidente falta de aparcamento público nas principais zonas urbanas do concello en O Burgo, Fonteculler e Vilaboa, o acalde José Ramón Rioboo enumerou ata un total de 400 novas prazas, asegurando que algunhas delas, como as de Costa da Lonxa, estarían listas a finais de verán.

“O alcalde volve mentir dando unha data que non pode cumprir, cando levamos esperando case un mes a que poñan ao dispor esa documentación”, sentencia a Portavoz do PP.

Ademais, o alcalde, como sinala a líder popular Izaskun García, “apresurouse en días posteriores a anunciar aos catro ventos en prensa unha nova zona de aparcamento nas inmediacións da igrexa do Burgo. Queremos, por suposto, coñecer en que punto están esas xestións e que informes elaboráronse ata a data, pero volven confirmar que non hai nada. En definitiva, unha máis das promesas baleiras do señor Rioboo”, recalca García.

Os populares aseguran que o alcalde tamén dixo e que técnicos municipais de urbanismo e medio ambiente realizaran xa un estudo sobre a parcela da rúa Alfonso VII, “estudo do que tampouco temos ningunha información, porque se supón que esa xestión constará en algures”, cuestiona o grupo popular.

En marzo do 2021 os populares presentaron unha moción na que pedían medidas urxentes para solucionar a falta de aparcamento público en zonas comerciais do concello. “E xa naquel pleno as palabras textuais do alcalde Rioboo foron que había “un plan para O Burgo, Vilaboa e Fonteculler”, exactamente o mesmo que neste último pleno, e xa vemos o que progresamos en tres anos, absolutamente nada!”, sinala a portavoz popular.

“Un problema grave que sofren os nosos veciños, pero as xestións levadas a cabo polo Alcalde desde o 2018 para resolvelo foron, unicamente, ideas. Non se pode tolerar esta tomadura de pelo” sentencia a Portavoz do PP.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16969704627991