O PP de Culleredo reforza o diálogo co rural con xuntanzas parroquiais

ACoruñaXa
Os populares celebran unha reunión en Sueiro tras o éxito dunha primeira cita en Boedo para atender as preocupacións veciñais
PP Culleredo xuntanza Sueiro
12 Dec 2024

O Partido Popular de Culleredo está a impulsar unha serie de xuntanzas polas parroquias do rural co obxectivo de escoitar as demandas e necesidades dos veciños. Este formato, que leva por lema “Parroquia a parroquia, escoitando”, busca promover a participación veciñal e recoller de primeira man as súas inquedanzas.

A portavoz e líder popular, Izaskun García Gorostizu, destacou que “estas reunións son unha oportunidade para establecer un canal de comunicación inexistente por parte do actual goberno local. Queremos traballar co rural de Culleredo e avanzar xuntos cara ao concello que desexamos”.

Tras unha primeira xuntanza no Centro Social de Boedo, que contou cunha gran acollida, os populares celebraron unha nova reunión en Sueiro. “A resposta dos veciños reafirma a necesidade de darlles voz e de atender as súas demandas. Non será algo puntual, estamos aquí para escoitar sempre que o necesiten”, asegurou García.

O PP comprométese a realizar estes encontros de forma periódica, adaptándose ás necesidades da veciñanza, e a trasladar as súas peticións ao Concello. “Queremos que se sintan cómodos para expoñer as súas ideas e propostas, porque é escoitando como poderemos mellorar Culleredo”, concluíu García.

0.16835999488831