O PP de Culleredo acusa ao alcalde de privar á Cros dunha gran oportunidade

ACoruñaXa
Os populares amosaron o seu total apoio ao proxecto de economía circular do CETIM e a que siga crecendo en Culleredo, pero votaron en contra no pleno alegando que o proxecto non conta coas garantías legais necesarias
Pleno Culleredo 15 de febreiro de 2024
15 Feb 2024

No pleno extraordinario celebrado este xoves en Culleredo para efectuar o cambio do uso dotacional das parcelas da antiga fábrica da Cros para a implantación dun Centro de Economía Circular por parte do CETIM, o Grupo Municipal Popular mostrou o seu apoio ao proxecto en si pero non da maneira na que o expuxo o goberno municipal.

Os informes non entran no verdadeiramente importante, baixo que condicións e a través de que procedemento pódense realizar actividades privadas en chan público?

A principal preocupación dos populares é “que non se cometa unha fraude de lei e que se protexa o patrimonio de todos os veciños. Que non se volvan a dar casos de todos coñecidos como a Garrocha ou o CLT de Ledoño, verdadeiras chapuzas de cesión de bens municipais sen o máis mínimo control”, sinalou a súa portavoz municipal, Izaskun García.

Así mesmo, a líder popular, advirte que no informe da técnico de urbanismo especifícase que o cambio de uso das parcelas “é posible sempre que se manteña a súa titularidade e o seu uso público”, pero o informe non ditamina se se cumpre ou non esta condición.

Os populares propuxeron solicitar un informe á Xunta Consultiva de Urbanismo de Galicia, “que nos especifique se a actividade privada do CETIM pode levar a cabo en parcelas dotacionais públicas, que uso dotacional tería, se se require dun cambio de ordenanza ou simple acordo plenario. Como se pode comprobar, quedan aínda numerosos flocos soltos”, advirten.

“Hai que deixalo todo atado e ben atado, máxime cando coñecemos o modus operandi do señor Rioboo, con cero xestiones durante os seus 4 anos de maioría absoluta. E agora que se ve apremado polo CETIM, encarga informes de présa e correndo e envorca de novo toda a responsabilidade na oposición, un todo ou nada inaceptable”, recalcan desde o Partido Popular.

“Por último reiterar”, indican desde o PP cullerdense, “que seguimos sen ser convocados á Comisión do PXOM. Non nos cansaremos de esixirlle ao señor Rioboo que nos convoque inmediatamente para aprobar unha novo PXOM, xa non sabemos como cualificar o seu deixamento e total neglixencia”.

0.15702104568481