O PP de Betanzos esixe revisar posibles derrubamentos no casco histórico antes da Feira Franca

ACoruñaXa
O domingo desprendeuse unha tendido eléctrico da rúa de Santiago
Imaxe do tendido eléctrico derrubado na zona vella de Betanzos
2 Xul 2024

O PP alerta sobre o desprendemento dunha tendido eléctrico na rúa de Santiago, en pleno centro histórico e a escasos metros da casa do Concello. Os cables, que de subministración eléctrica cruzan a rúa e discorren polas fachadas de varios inmobles, desprendéronse onte das súas suxeicións e terminaron a niveis de chan, co consecuente risco para as persoas. Dáse a circunstancia de que esta liña de subministración de enerxía sostíñase nunha casa que se esborrallou a principios de marzo.

A preocupación dos veciños e transeúntes desta vía era onte palpable, segundo comentou a portavoz municipal e deputada, Cecilia Vázquez, quen ademais puxo en coñecemento dos servizos de emerxencias o ocorrido. Este luns indicou que a situación de abandono do centro histórico é coñecida e que estás situacións desgraciadamente son habituais. Así, unha vez máis instou o equipo de goberno a actuar con urxencia para volver o cableado ao seu estado e sobre todo a sacar adiante un plan urxente de mantemento do casco, dirixido a evitar, na medida do posible, o risco de accidente para as persoas.

Afluencia masiva de persoas

Trátase dunhas medidas preventivas, que por suposto teñen que ir acompañadas dun programa integral de recuperación social, económica e cultural da zona monumental. Volvendo ao plan urxente de mantemento, lembrou “Nuns días da celebración da Feira Franca Medieval na que a afluencia de público a toda a zona será masiva”. Un motivo fundamental para que “O Concello realice con urxencia os traballos necesarios para garantir a seguridade das persoas” comentou Cecilia Vázquez.

0.17837405204773