O PP de Betanzos pide ao BNG que anime ao goberno local redactar o proxecto de rehabilitación do Pasatempo

ACoruñaXa
A formación sinala que a Xunta ten desde hai dous anos 1,5 millóns de euros ao dispor do Concello de Betanzos para catro proxectos
Imaxe do parque do Pasatempo en Betanzos
23 Maio 2024

O PP de Betanzos convida ao BNG a repasar o procedemento da Lei de Contratos, antes de lanzar opinións e conxecturas sobre atrasos e posibles perdas de axudas europeas destinadas á recuperación do Pasatempo. Cecilia Vázquez indicou este mediodía que a Xunta ten a disposición os 1,5 millóns de euros postos ao dispor do Concello de Betanzos, para a execución de catro proxectos de rehabilitación do parque enciclopédico.

Neste sentido, a portavoz popular aclarou que o proxecto se licitou ata en dúas ocasións e quedou deserto, non se presentou ningunha empresa. Unha vez esgotados os prazos, pódese tentar outra modalidade de contratación máis sinxela. Mentres que facer outra cousa, significaría vulnerar as normas contractuais. Que non se presentou ningunha empresa, pode deberse á complexidade das obras de restauración dun monumento arquitectónico único en Europa.

Para Cecilia Vázquez "alarmar" sen xustificación non ten ningún sentido. A portavoz dos populares asegura entender a preocupación do BNG, pero ínstaos a comprobar o procedemento administrativo. Tamén lles pide que animen ao goberno local a presentar o proxecto da cuarta e última fase de rehabilitación.

Ata onde ela sabe, non está redactado aínda e por tanto non se pode licitar. En todo caso “se se produciu algún atraso, foi debido á tardanza inicial na transferencia dos fondos europeos por parte do Goberno de España

0.23255085945129