O PP de Betanzos leva a Europa o dragaxe da ría e a necesidade de capacitar aos mozos para o emprego

ACoruñaXa
Cecilia Vázquez manterá co administrador do comité de fondos rexionais, Gustavo López Cutillas
Imaxe de Cecilia Váquez
19 Xuño 2024

'Europa en Betanzos, como mellorar a vida dos meus veciños grazas a Europa', é o nome co que a portavoz popular de Betanzos, Cecilia Vázquez quixo denominar a xornada de traballo que hoxe manterá co administrador do comité de fondos rexionais, Gustavo López Cutillas.

Entre os puntos que a portavoz popular e deputada no parlamento galego está a trasladar ao responsable europeo dos fondos rexionais está: a dragaxe da ría de Betanzos, proxecto para mellorar a navegación e contribuír a evitar as inundacións periódicas que sofren os barrios da cidade próximos aos leitos do Mendo e o Mandeo.

Outro dos plans que Cecilia Vázquez aborda con López Cutillas, é o referente aos programas de capacitación para o emprego dos mozos. Neste sentido, explicou que centrará os seus esforzos nas axudas específicas no marco das competencias municipais: auga, SAF maiores e vivenda. O Libro Branco Municipal, documento que recoñece a autonomía política dos municipios, é outro dos obxectivos que quere fomentar Cecilia Vázquez.

O xabaril

A proliferación do xabaril e os seus efectos negativos para a agricultura e como causante de accidentes de circulación está tamén no índice da reunión. Cecilia Vázquez insistirá na necesidade de adoptar políticas que permitan controlar esta especie e que contribúan a restablecer o equilibrio ambiental. O aumento da poboación do xabaril está a causar problemas en Betanzos e xa é común ver a estes animais silvestres na zona urbana, xardíns de vivendas unifamiliares e zonas destinadas á agricultura. Unha situación que, ademais de danos materiais, pode provocar situacións potencialmente perigosas para a integridade física das persoas.

0.13840508460999