O PP de Betanzos insta ao Concello a identificar e limpar as parcelas en estado de abandono para evitar incendios

ACoruñaXa
Cecilia Vázquez, voceira do partido: “Se queremos previr incendios forestais, pragas e a degradación ambiental, non hai máis que facer cumprir a lei e non prolongar os prazos”
Imaxe da casa do Concello en Betanzos
26 Jun 2024

A voceira do Partido Popular en Betanzos, Cecilia Vázquez, reitera ao Gobenro local a necesidade inescusable de actuar sobre as moitas parcelas en estado de abandono existentes ao longo e ancho do municipio. O grupo popular insiste en que cada vez son máis os veciños que mostran o seu malestar e “alarma” pola proliferación incontrolada de maleza e en consecuencia da deterioración da calidade ambiental da contorna e do aumento do risco de incendio. Risco que aumenta día a día coa chegada do verán.

Deste xeiro, no pleno celebrado onte, o grupo municipal popular defendeu unha moción na que se insta ao goberno local a que, desde a concellería que corresponda, leven a cabo todas as accións necesarias para detectar as parcelas ou leiras que se atopen nun avanzado estado de abandono.

Unha vez que se detecten as propiedades neste estado, iníciense as accións necesarias e dentro da lei e a normativa ambiental para que se emende esta situación. Este proceso, que ha de levar a cabo o concello, ha de executarse coa maior celeridade posible e así as leiras, sobre as que se actuou, recuperen a normalidade no menor tempo posible

A todos estes riscos e prexuízos hai que engadir que estas leiras en estado de abandono convértense nun foco de pragas de todo tipo, desde insectos, pasando por roedores e jabalíes. Este aumento no número de exemplares destas especies ocasiona, desde hai anos, problemas serios, tanto na zona urbana, como na rural do municipio.

Risco de incendios

Hai que ter ademais moi presente que Galicia é a zona de incidencia da enfermidade de Lyme pola picadura de garrapatas. Uns parasitos que aumentan a poboación debido ao incremento de fauna salvaxe que atopa nas leiras cheas de matogueira, un hábitat propicio para o seu desenvolvemento. Os mosquitos, ácaros e outras pragas de insectos tamén se benefician do irresponsable abandono de centos de propiedades. Unha situación que desde o PP denúnciase desde hai anos, #ante a pasividade do equipo de goberno.

Nesta liña, Cecilia Vázquez indica que a lei establece como unha competencia das administracións locais a de vixiar, controlar e facer cumprir a lei e a normativa ambiental para o mantemento de leiras ou parcelas que non se limpan. Nestas propiedades están incluídas, como xa manifestou o PP en máis dunha ocasión, as de titularidade municipal, que debesen de actuar #de acordo con a coherencia e a exemplaridade.

Lembra a portavoz popular que o seu grupo xa expuxo en varias ocasiones mocións, rogos, preguntas e fixo público a través dos medios de comunicación e das redes sociais a urxente necesidade de que o goberno local tome as medidas necesarias para o mantemento das parcelas tal e como o indica a norma.

 

0.16084885597229