O PP de Betanzos esixe ao Concello unha limpeza profunda e unha mellora na sinalización das rúas do casco histórico
O Partido Popular de Betanzos pide ao Concello que leve a cabo unha limpeza exhaustiva das rúas e prazas do casco histórico, incluíndo a Praza do Campo, as rúaas adjacentes, como a Fonte de Unta e Tolerancia, entre outras. Segundo a portavoz popular, Cecilia Vázquez, estas zonas, que xogan un papel crucial durante as festas de San Roque e reciben un gran volume de turistas e visitantes, presentan actualmente un aspecto insalubre e descoidado debido á falta de limpeza e mantemento.
Vázquez tamén instou ao goberno local a repintar os pasos de cebra e mellorar a sinalización horizontal, que se atopa en mal estado e representa un risco tanto para peóns como para vehículos. A demanda de limpeza e reparación da sinalización é unha preocupación constante entre veciños, hostaleiros e comerciantes das zonas afectadas.
A portavoz popular subliñou a necesidade de que o Concello desenvólvase un protocolo de limpeza e mantemento para evitar situacións de abandono e risco. "É crucial que o goberno local avise aos veciños con antelación sobre os horarios e zonas de limpeza para minimizar as molestias", indicou Vázquez. Engadiu que o pasado verán houbo numerosas queixas debido a que as limpezas se realizaban a horas tempranas da mañá, causando ruído incesante. Vázquez rematou a súa intervención asegurando que "é posible manter as rúas limpas e respectar a calidade de vida dos veciños, só hai que pensar un pouco nos demais".