O PP de Betanzos aposta pola colaboración para deter á destrución do casco histórico
A portavoz do Partido Popular de Betanzos, Cecilia Vázquez, valorou este luns o último colapso ocorrido a madrugada do sábado nunha casa situada na Rúa Santiago, a uns metros da Igrexa de Santiago e da Casa do Concello.
En primeiro lugar indicou que “foi unha sorte que non se produciron danos persoais, pero a sorte acábase e desgraciadamente poderiamos ter que lamentar danos persoais no futuro”. E, en segundo lugar, apuntou que o Concello de Betanzos, é a administración con competencias e con, o inescusable deber de tomar as medidas necesarias para reconducir a situación de degradación patrimonial que sofre o centro histórico.
Para Cecilia Vázquez “que o Concello diga que sobre este inmoble, desde hai dous anos recae unha orde de execución, indica con claridade a inoperancia do equipo de goberno. “O estado desta casa, como desgraciadamente, o de moitas do casco é ruinoso e só é cuestión de tempo que colapsen”.
Neste sentido, Cecilia Vázquez indicou “ as casas non caen por mor dos temporais e a choiva, as casas caen polo seu estado de abandono” O concello ten que crear as condicións necesarias para que se volva a poboar está área urbana. “É o goberno local do PSOE, o que ten o poder político-xurídico, os técnicos municipais e os re-cursos materiais, para lexislar e implementar as medidas encamiñadas a reverter a se-tuación de naufraxio no que está sumido Betanzos” afirmou Vázquez.
Tender a man á colaboración
Insiste ademais en que “o PP tendeu sempre a man ao goberno local para traballar xuntos nesta cuestión, como en tantas outras vitais para a supervivencia do municipio” Ben é certo, pódese consultar a hemeroteca, o PSOE optou pola súa vella política de culpar aos demais da súa propia incapacidade. Non só para actuar, se non para estable-cer calquera tipo de diálogo con outras administracións. Nin que dicir ten que nunca tivo a mínima intención de aceptar a colaboración do PP de Betanzos.
É tamén importante abrir unha reflexión sobre a errática política do BNG brigantino, que pasou de ser, no anterior mandato, un grupo con certo grao de crítica cara ao goberno local, a apoiar sen fisuras e con devoción ao mesmo, pero reducido, goberno local. É innecesario lembrar que se o PSOE segue á fronte do Concello, é polo soco-rro que os nacionalistas lle prestan, sendo de facto socios na sombra.
A incoherencia das declaracións do BNG local, tras o último derrube, falan por si mesmas dun grupo que “parece” antepoñer as súas dogmas e os seus intereses de partido, aos intereses xerais de Betanzos. En todo caso, o PP segue tendendo a man á minoría nacionalista, co fin de buscar puntos de encontro, ideas e solucións para reverter a expirar de destrución do centro histórico, propiciada ao noso xuízo en gran parte pola nefasta política urbanística practicada polo PSOE durante décadas.
Rexurbe
Cecilia Vázquez, terminou apuntado ás políticas positivas postas en marcha pola Xunta de Galicia, como o Plan Rexurbe e a restauración de innumerables bens de interese cultural en todo o municipio. Para a portavoz popular “esta maneira de actuar en política, deu como froito a compra e restauración de máis de 17 inmobles no cas-co histórico, a corresponsabilidade no mantemento do Pasatempo, a rehabilitación da cuberta de San Francisco, as restauración dos últimos elementos artísticos ha-llados na igrexa de Santa María, entre un sen fin de actuacións.