O PP de Betanzos advirte ao Concello do ambiente de inseguridade latente entre o veciños

ACoruñaXa
O partido sinala que o sábado pasado 13 varios vehículos sufriron a rotura das súas lúas, uns incidentes violentos que se repiten con frecuencia
Imaxe da Praza do Concello en Betanzos
10 Maio 2024

O PP de Betanzos traslada ao equipo de goberno a preocupación dos veciños  fronte a repetidos intentos de descoñecidos de entrar en varios locais comerciais. Tamén se presentaron varias denuncias por intento de roubo en plena rúa, segundo informaron distintos residentes a concelleiros do Partido Popular.

A través da súa portavoz, Cecilia Vazquez, a formación sinalou que a estas situacións de inseguridade hai que sumar os cada vez máis frecuentes episodios de roturas de lúas, como ocorreu con varios vehículos o 13 de abril, sábado. Neste sentido, preguntou no último pleno celebrado ao goberno local “Se consideraban estes feitos normais nunha cidade como Betanzos”.

A portavoz popular tamén preguntou aos responsables municipais “Se teñen pensado tomar algunha medida encamiñada a tentar evitar estas situacións contra as propiedades e a seguridade persoal dos veciños”. Para Vázquez é tamén moi importante que o equipo de goberno faga unha valoración sobre estas circunstancias e diga claramente “Se Betanzos atópase nun situación de inseguridade ou son alarmistas os veciños que nos trasladan estas denuncias”

0.15465188026428