O PP da Coruña vota en contra da subida do 3,5% do recibo da luz

ACoruñaXa
O partido opúxose na comisión de Facenda celebrada este luns tras facelo xa en decembro no consello de administración de EMALCSA e votará en contra no Pleno do xoves
Imaxe do Pazo de María Pita (Casa do Concello) na Coruña
8 Abr 2024

O PP votou en contra da subida do 3,5% do recibo da auga na comisión de Facenda celebrada este luns pola mañá, e cuxo ditame se aprobou cos votos a favor de PSOE e BNG. Os Populares votarán en contra tamén no Pleno municipal do xoves, 11 de abril, cando se debaterá a súa aprobación inicial, como xa votou en contra no consello de administración de Emalcsa celebrado en decembro de 2023

Este incremento do recibo da auga únese á subida xeneralizada de impostos municipais dun 3% para 2024 indiscriminada, inxusta e innecesaria, cando non recadan o que orzan en ingresos (ingresaron 56 millón de euros menos do previsto en 2022), non executan o recadado (en 2022 gastaron 12 millóns de euros menos do ingresado).

Dende a formación política, denuncian que o goberno municipal “progresista” sobe todos os impostos a todos os coruñeses, incluídos novos, pensionistas, parados e dependentes, para aumentar o gasto en publicidade, duplicar a débeda e recortar partidas de servizos sociais, educación, deportes, cultura, rehabilitación ou comercio e non incluír medidas para solucionar o máis básico.

O PP, como xa sinalou no seu momento, considera que non é momento de subir os impostos municipais cando 16.000 familias coruñesas van ao Banco de Alimentos cada mes, máis de 1 de cada 6 coruñeses vive con menos de 833 € ao mes, somos a cidade con maior incremento interanual do alugueiro e a cesta da compra disparouse.

 

0.18914699554443