O PP da Coruña sinala que Inés Rey incumple a Lei da Valedora do Pobo pola falta de transparencia
O Grupo Popular da Coruña denuncia que a falta de transparencia do Goberno municipal alcanza tamén á Valedora do Pobo, a quen lle oculta a información solicitada por mor dunha queixa presentada polos Populares por: negativa a entregarnos copia da documentación necesaria para o exercicio das funcións que nos son propias dacordo con a lei; imposibilidade de exercer este dereito aínda operando o silencio administrativo positivo que marca a normativa se non se responde en 5 días naturais; e, casos de vulneración de normativa básica de contratos e de trasparencia que obriga á publicación da actividade contractual das administracións.
“O Goberno municipal ten un gran problema de transparencia e seguiremos loitando para que se respecten os nosos dereitos como oposición a fiscalizar o seu labor a pesar das súas trabas, porque presentamos máis de 140 solicitudes de copia en formato dixital, das que ningunha se resolveu en tempo e forma e aínda así só entregáronnos 2 das copias solicitadas”, afirma Miguel Lorenzo.
O pasado 15 de marzo presentamos un escrito de queixa á Valedora do Pobo no que denunciamos a vulneración de dereitos fundamentais nos que nos atopamos pola falta de transparencia do goberno municipal. O 19 de marzo confirmáronnos a admisión a trámite por reunir os requisitos formais. Neste escrito comunican que requiriron ao Goberno municipal para que no prazo de 15 días facilitásenlles información sobre os motivos da queixa.
“No día de onte, 22 de abril, chegounos un novo escrito da Valedora no que se nos informa que o Goberno municipal non enviou a información solicitada, polo que procederon a requirila novamente, con mención expresa de que “tal envío resulta unha obrigación legal, segundo o artigo 22 da Lei do Valedor do Pobo”. É dicir, que a falta de transparencia do Goberno municipal alcanza tamén á Valedora do Pobo”, sinala Miguel Lorenzo.
No Pleno de abril aprobouse unha moción que presentamos para que respondan en prazo ás solicitudes, para que entreguen as copias ás que temos dereito e para que se certifique que os expedientes están completos. “O último exemplo témolo nos expedientes do inmoble de Lage Tuñas. Presentamos a solicitude de copias, non as conceden e, ademais, nestes expedientes faltan os tres informes que corroboran que fixo as obras e finalizounas antes de que ter a licenza”.