O PP da Coruña sinala que "Inés Rey debe atender a folga de recollida lixo na cidade que amenza con ser indefinida"

ACoruñaXa
O portavoz popular na Coruña, Miguel Lorenzo, amosou a súa preocupación pola folga de lixo, que afecta a toda a cidade e se ve agravada pola folga na planta de tratamento de residuos de Nostián
Imaxe dos contenedores de lixo na Coruña
2 Xul 2024

O portavoz popular na Coruña, Miguel Lorenzo,amosou a súa enorme preocupación por un asunto que afecta a todos os coruñeses, como é a folga de lixo, agravada polo anuncio de folga na planta de tratamento de residuos de Nostián. ”A alcaldesa debe deixar de preocuparse e de queixarse e pasar a ocuparse”.

Lorenzo sinala que alcaldesa non fai nada para acabar coa folga “a pesar de que os barrios están cheos de lixo polo chan, cos contedores sen recoller, de que é un problema de saúde pública pola presenza de roedores e insectos, de que a folga se ha recruado ameazando con ser indefinida desde agosto, de que nestes meses a calor pode agravar a situación, da mala imaxe da cidade e de que os coruñeses son de novo reféns dun conflito entre traballadores e empresa”.

“Dixo onte a alcaldesa que está “atada de pés e mans” na folga, pero quen a ten atada de pés e mans é o seu portavoz porque non o cesa nin tras mentir no Pleno. Dixo que “Todos os cidadáns somos vítimas”. Eu dígolle: é a Alcaldesa deses cidadáns, a quen debe defender en situacións como esta. Dixo tamén “que está a facer a empresa?”. Eu dígolle: que está a facer ela para acabar con esta folga?”

Por iso o Partido Popular presentou unha moción cunha petición moi clara: que Inés Rey medie entre traballadores e concesionaria para que se acabe xa a folga, á que se une agora a da planta de tratamento de residuos.

“Estamos a falar de folgas en dous servizos municipais, recollida e tratamento de lixo, nos que non hai contratos: o de recollida, adxudicado por Inés Rey, anulouno o TSXG e aínda non foi adxudicado de novo; o de Nostián acabou o 31 de decembro de 2019, non se licitou e tampouco hai acordo co Consorcio das Mariñas, socio indispensable para a súa viabilidade”

Ademais, Lorenzo lembrou que ”os coruñeses pagamos impostos para recoller e tratar o lixo, este ano cunha subida do 3% aprobada por Psoe e Bng. Nada se está cumprindo. A situación nos barrios cada día é peor”.

0.19848108291626