O PP da Coruña reclama ao Goberno local solucionar as graves deficiencias na zona infantil de Os Pelamios

ACoruñaXa
O portavoz Popular visitou a zona para comprobar as denuncias recibidas tras a apertura da mesma por Inés Rey hai un mes e na que investiu máis de 2,5 millóns de euros
Imaxe da visita do portavoz popular na Coruña ao parque Os Pelamios
27 Xuño 2024

O Portavoz do Grupo Popular na Coruña, Miguel Lorenzo, reclama a Inés Rey que esixa á empresa que executou a obra de rehumanización de Vos Pelamios que emende de modo inmediato todas as múltiples deficiencias da devandita actuación.

Lorenzo, xunto cos concelleiros José Ramón Amado e Antonio Deus, visitou a obra para comprobar as denuncias cidadás recibidas tras a recepción e apertura da mesma polo Goberno municipal e na que investiu máis de 2,5 millóns de euros.

“Pasou só un mes e o seu estado é deficiente. É especialmente grave a rotura do caucho na zona de xogos infantís, con multitude de bólas no chan con perigo de que os menores llas leven á boca”, destaca o portavoz Popular, quen tamén sinalou que se poden ver “farois sen tapas de protección a nivel de chan na zona próxima á zona infantil, tras investir 43.000 euros na súa reparación”.

A zona de céspede presenta abundantes calvas e mala conservación a pesar de haberse certificado máis de 50.000 euros nesta actuación, así como pavimentos irregulares, sinais polo chan etc.

“Cun período inicial de 10 meses, esta obra estivo en execución 18, case o dobre do previsto e a pesar do atraso atopámonos cunha execución deficiente. Realizamos diversas preguntas escritas ao Goberno municipal por este atraso, pero as respostas sempre foron evasivas”, afirma Lorenzo.

“Convidamos os coruñeses a gozar deste novo espazo, pero reclamamos ao goberno municipal que esixa á empresa contratista as súas responsabilidades e emende as deficiencias de modo inmediato”.

0.18360710144043