O PP da Coruña reclama a Inés Rey que atenda ás peticións das asociacións da cidade

ACoruñaXa
Dende a bancada popular denuncian que xa pasou un mes desde o pleno de febreiro, onde se aprobou por unanimidade unha moción para atender as necesidades estas asociaicóns, tempo suficiente para que a alcaldesa se puxese en contacto con elas, pero non o fixo
O voceiro do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo
29 Feb 2024

O Grupo Popular rexistrou este xoves 29 de febreiro unha pregunta oral para o pleno do 7 de marzo co obxectivo de coñecer que medidas tomou a alcaldesa, Inés Rey, para cumprir a moción presentada polo Grupo Popular, e aprobada por unanimidade, no pleno de febreiro, na que se lle insta a atender a solicitude de reunión avalada por cinco mil asinas e formulada por nove asociacións e agrupacións veciñais.

Dende a bancada popular denuncian que pasou un mes desde o pleno de febreiro, tempo suficiente para que desde alcaldía chamase a estas asociacións e concretado unha reunión coa alcaldesa, pero non o fixo. Sinlan que esta petición de reunión non é de agora. Presentaron as cinco mil asinas no mes de agosto no rexistro municipal. "Pasaron case sete meses e a alcaldesa do diálogo non atopou un oco para recibilos e escoitar de primeira man os problemas dos seus barrios: inseguridade, sucidade, lixo, falta de mantementos, supresión de aparcamentos, falta de investimentos...", apuntan.

O PP manifesta que este non é o único exemplo. "Vémolo tamén nas Casas de Franco, cuxos veciños se manifestaron na Rolda de Outeiro porque non queren a obra que está a facer o concello e que non acordou con eles antes de executala". O mesmo cos veciños da praza de Pintor Laxeiro onde lles van a eliminar prazas de aparcamento sen consenso, ou os de Monte Alto polos problemas de inseguridade polos narcopisos no seu barrio.

Dende o Partido Popular reunironse con eles en varias ocasións: "Trasladáronnos o seu malestar pola falta de diálogo da alcaldesa que nin lles escoita nin fai nada para resolver os problemas".

Ademais, tamén critican que a alcaldesa tampouco dialoga coa oposición. Nin unha soa vez en cinco anos para ningún tema de cidade. "Esperamos que os resultados das eleccións autonómicas, onde o PP logrou 40.000 votos máis que o Psoe e onde Inés Rey perdeu a metade dos seus votos respecto a as municipais sirva para que rectifique e fale coa oposición sobre temas tan importantes como a fachada marítima ou os contratos millonarios que hai pendentes de licitación como Nostián, recollida de lixo ou bus urbano", conclúen.

 

0.11361718177795