O PP da Coruña presentará no pleno unha moción ao concelleiro Lage Tuñas

ACoruñaXa
Os populares reclamarán explicacións ao goberno local pola xestión da planta de lixos e pedirán o cese do concelleiro delegado encargado dos contratos
Miguel Lorenzo PP Coruña
25 Xan 2024

O grupo popular levará unha moción ao pleno do 1 de febreiro na que instará á alcaldesa, Inés Rey, a retirar as competencias de contratación ao concelleiro delegado, Lage Tuñas, por responsabilidade política nos contratos de Nostián e recollida de lixo.

O portavoz Popular, Miguel Lorenzo, considera  necesario esixir responsabilidades políticas porque a planta de tratamento leva sen contrato desde fai catro anos e sen perspectivas de licitar o novo. Ademais o TSXG acaba de anular o de recollida de lixo, por un importe de case 100 milóns de euros, que adxudicou o goberno socialista en outubro 2020.

Miguel Lorenzo aproveitou para criricar as recentes declaracións da alcaldesa sobre que se a licitación viña da época do goberno da Marea Atlántica e que eles se limitaron a finalizar algo xa case finalizado. "Quero lembrarlle á Alcaldesa que o TSXG non anula os pregos, nin a licitación, o que anula é a adxudicación do contrato feita en outubro de 2020 polo goberno municipal socialista, cando xa levaba un ano e medio de mandato e o concelleiro de contratación de entón era o mesmo que agora”, sinala Lorenzo.

O Popular lembra que neste momento temos a planta de tratamento de Nostián con 6 millóns de euros ao ano de pagos irregulares. Ademais de cun atraso de catro anos na licitación, e a día de hoxe non se sabe cando sairá o novo e un contrato de recollida de lixo anulado polo TSXG, adxudicado polo goberno socialista en 2020, que supoñen 11,6 millóns de euros ao ano de pagos irregulares. “Por tanto, esiximos responsabilidades e imos pedir explicacións sobre estes temas, por iso presentaremos unha moción instando a Inés Rey a retirar as competencias de contratación ao concelleiro delegado, que é o mesmo que o era cando se adxudicou este contrato”, afirmou o portavoz municipal.

“Inés Rey e Lage Tuñas din que se abre unha oportunidade, e eu coincido con eles en que se abre unha oportunidade para que a alcaldesa cese ao concelleiro de contratación por incompetencia. Que entre estes dous contratos pagáronse máis de 60 millóns de euros en pagos irregulares e que non haxa ningunha responsabilidade política, non é de recibo. E estes pagos irregulares seguirán aumentando este ano porque Nostián seguirá sen contrato e a recollida de lixo, se hai que volver licitar, seguirá sen contrato. Por tanto estamos a falar de que a finais de 2024 pagáronse 77 millóns de euros de forma irregular por estes dous servizos sen contrato”

0.18546199798584