O PP da Coruña pide información ao Concello sobre a compra de material na emerxencia sanitaria
O Partido Popular da Coruña rexistrou unha solicitude de información a través da que pide ao Goberno municipal unha copia de todos os contratos adxudicados polos procedementos de urxencia e de emerxencia durante a crise sanitaria polo Covid-19 ou calquera outro relativo á compra de material sanitario durante os anos 2020, 2021, e 2022.
Dende a bancada dos populares sinalan que é necesaria a máxima transparencia dadas as actuacións xudiciais relacionadas con presuntos delitos de corrupción referentes a casos de compras fraudulentas de máscaras e material sanitario durante a pandemia, mediante contratos públicos vinculados a gobernos socialistas, e dado que o Concello da Coruña, non publicou ningún dos contratos adxudicados por método de urxencia e/o emerxencia durante a citada emerxencia sanitaria, solicitamos a copia dos devanditos contratos.
Doutra banda o Grupo Popular ha presentado unha pregunta oral para o Pleno de marzo pola que pide explicacións a Inés Rey pola limpeza urxente e extraordinaria da cidade deportiva da Torre o día da visita de Pedro Sánchez para gravarse xogando ao baloncesto con José Ramón Gómez Besteiro, cando levaba anos sen facerse e mentres a cidade está sucia e o lixo sen recoller.