O PP da Coruña pide ao Goberno "máis ambición co noso patrimonio, sobre todo con Lugrís”

ACoruñaXa
O voceiro popular Miguel Lorenzo criticou que isto é "o que pasa cando non hai unha política cultural seria e todo se reduce a concertos". Ademais sinalou a situación na que se atopan algunhas infraestructuras da cidade
Mural Urbano Lugrís
Mural Urbano Lugrís
23 Feb 2024

O portavoz Popular no Concello da Coruña criticou as inexistentes actuacións por pate do Gobenro municipal por preservar os murais de Urnao Lugrís da rúa Olmos. “Que diga a Alcaldesa que non ten diñeiro para comprar os murais de Lugrís. Cando destinan no orzamento deste ano 1,8 millóns de euros a publicidade e propaganda e non teñen 30.000 euros para comprar os murais da rúa Olmos”, sinalou Miguel Lorenzo.

Ante este escenario o voceiro popular instou ao o Goberno municipal a ter máis ambición co patrimonio coruñés, sobre todo con Lugrís, "que é algo moi noso. Que non digan que non teñen diñeiro para os murais”.

Os populares criticaron que isto é "o que pasa cando non hai unha política cultural seria e todo se reduce a concertos, así nos vai, e ademais moitos deles subvencionados pola Xunta que os asumen como propios”.

Ao que Miguel Lorenzo engadiu: “Xa pasou, e queixeime moito, cando o Goberno municipal deixou que levasen o cadro 'O Pombal', do pai de Picasso, ao Museo de Barcelona e deixouno marchar por 150.000 euros”.

Xunto a estas críticas ao Gobenro de Inés Rey tamén engadiron que "deixaron marchar o Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa sen facer nada; o legado de Luis Seoane non se expón na súa Fundación desde fai anos e está no chan como se viu en varias fotos feitas por Patróns; o Palacio da Ópera na condicións nas que está cunha Orquestra que dá nome á cidade... son as consecuencias de que non haxa un proxecto cultural para a cidade".

0.19653987884521