O PP da Coruña pide a comparencia no Pleno de Lage Tuña polos pisos sen licencia

ACoruñaXa
O portavoz popular, Miguel Lorenzo, denunciou este mércores nunha rolda de prensa as "irregularidades" detectadas a día de hoxe no caso de Lage Tuñas
O voceiro do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo
3 Abr 2024

O grupo popular da Coruña pide a comparecencia no Pleno do Concello do Tenente da Alcaldesa, José Manuel Lage Tuñas e conselleiro de urbanismo para que dea explicación sobre o immoble baixo a súa propiedade ubicado na avenida do Exército 96.1. De feito, o PP convocou a Comisión de Transparencia que se ía a reunir este xovés 4 de abril debido a falta de acceso á documentación solicitada sobre as obras de dita propiedade. Sen embargo, a alcaldesa decidiu non aprobar a súa celebración.

O potavoz popular, Miguel Lorenzo, denunciou este mércores nunha rolda de prensa as "irregularidades" detectadas a día de hoxe no caso, entre as que descan: a inscrición no rexistro como vivenda cun informe que poñen en dúbida funcionarios e veciños; a inscrición no catastro como dúas vivendas sen selo; o buraco en fachada sen permiso da comunidade, a realización das obras sen ningún permiso, a execución do proxecto fóra de prazo sen arquivar solicitude de licenza, o planos contraditorios, os posibles incumprimentos do decreto habitabilidade, a non existencia dun informe de comprobación de modificacións ao proxecto orixinal, o expediente de reposición de legalidade que non se incoa e a tramitación exprés deste expediente de solicitude de licenza.

"Fronte a estes feitos  e tendo en cuenta que o Secretario municipal considera que estes asuntos deben tratarse no Pleno e que a alcaldesa decidiu que non se convoque esta comisión de Transparencia, solicitamos, en función dos artigos 64 e 65 do Regulamento Orgánico Municipal, a comparecencia no Pleno de José Manuel Lage Tuñas, propietario do inmoble e responsable da área de Urbanismo, para que dea as explicacións oportunas", sinalou Miguel Lorenzo.

Este mércores, o Partido Popular presentou o escrito correspondente para que a alcaldesa inclúa na orde do día do pleno ordinario do 11 de abril a solicitude de comparecencia e se vote a mesma. "No caso de que prospere, celebraríase no seguinte pleno que tivese lugar. Esperemos que o BNG a apoie, non se entendería o contrario tras as súas declaracións sobre este asunto nas que tamén falaban de irregularidades”, explicou o portavoz popular.

Dende o partido denuncian que: “Estamos fronte a un caso grave de falta de transparencia e ante o caso de irregularidades en temas urbanísticos por parte dun concelleiro do goberno municipal que é a responsable da área de urbanismo”.

Por este motivo dende a formación esixiran explicacións a través da solicitude de comparecencia  no Pleno para poder decidir os pasos a seguir nun asunto que califican de grave e sobre o cal non pode quedar ningunha dúbida por esclarecer. “Un concelleiro, e máis se ten responsabilidades de Goberno como este caso, debe ser o primeiro en dar exemplo do cumprimento da legalidade, de non cometer irregularidades, de xestión transparente, de non recibir trato de favor”, apuntou Miguel Lorenzo.

“Facer obras sen licenza non é un delito, pero hai que falar de ética e da estética, do ser e do parecer. Neste expediente creo que hai pouca ética e ningunha estética e os verbos ser e parecer que nos esixen aos políticos, o sr. Lage Tuñas non os conxugou. Non pode saltarse os procedementos de licenzas de cambio de uso e de obras, sobre todo cando el é a responsable da área de Urbanismo”, sinalou.

Ademais, destacan que chama a atención que nas comunicacións que se fan desde o Concello indicanlle ao concelleiro que paralice as obras e segundo a Policía local e os veciños, ségueas facendo. Tamén, que se faga unha chamada desde a concellería dicindo que non vale a comunicación previa para esas obras e que necesita licenza. E que se lle dea a licenza nun mes e medio.

"É grave que o concelleiro con competencias en Urbanismo faga obras sen licenza e cambie o uso sen autorización e sen cumprir os requisitos. Como lle vai a esixir ao resto de cidadáns que cumpran a lei, que soliciten licenza para facer obras, que non a comecen mentres non lla dean, que lles poña multas por non respectar o procedemento. Ten que dar explicacións”, concluíu o popular.

 

0.089368104934692