O PP da Coruña pedirá explicacións sobre Nostián no pleno de maio

ACoruñaXa
Os populares sinalan que hai unha gran preocupación polos postos de traballo dunha planta non viable sen o Consorcio e polo cumprimento da normativa ambiental
Imaxe aérea da planta de residuos de Nostián
26 Abr 2024

O Grupo Popular presentou unha pregunta oral a Inés Rey para o Pleno de maio coa fin de coñecer que ten previsto facer con respecto á planta de tratamentos de residuos de Nostián.

Sinalan que esta planta ten o contrato caducado desde xaneiro de 2020, e a data de hoxe, Inés Rey non foi capaz de presentar un novo prego, polo que non está claro que vai pasar debido ao cambio de modelo e aos recentes cambios de opinión do goberno municipal

O 10 de abril, o concelleiro de contratación, Lage Tuñas, anunciou que continuaba coa licitación da planta tras a reunión cos alcaldes do Consorcio, a pesar de negarlles o dereito para participar na xestión e co consecuente perigo de marcharse. O 16 de abril, a Alcaldesa anuncio publicamente que non traballaría na futura licitación de Nostián sen o Consorcio das Mariñas

É sabido que sen o Consorcio, Nostián non é viable economicamente. Por este motivo preguntarémoslle a Inés Rey no próximo pleno que vai facer coa planta de tratamentos de residuos.

O PP considera esta pregunta necesaria xa que lles preocupan os postos de traballo dos traballadores dunha planta que non sería viable sen o Consorcio, os veciños da Coruña e canto van pagar no recibo do lixo co novo contrato, as relacións do noso Concello cos seus veciños, os do Consorcio das Mariñas, cos que non é capaz de chegar a acordos, e o cumprimento da normativa ambiental referida á recollida e tratamento do lixo.

0.19070100784302