O PP da Coruña pedirá a Inés Rey no Pleno información sobre o seu plan de vivenda
O Grupo Popular da Coruña presentou unha pregunta oral para o Pleno de maio para saber que solucións achega o Goberno municipal aos problemas de vivenda na cidade. "Seguimos sen saber nada das vivendas da SAREB que prometeron Inés Rey e Sánchez en campaña electoral", sinalan.
O partido explica que nos últimos cinco anos, desde que Inés Rey é Alcaldesa, o prezo do alugueiro na cidade incrementouse un 30% e o prezo de venda de vivenda nova subiu un 27%. Fronte esta situación na cidade, a proposta de Inés Rey de declarar a cidade como zona tensionada vai en sentido contrario ás recomendacións do sector, porque quitaría do mercado máis vivendas en alugueiro e a alcaldesa tampouco é capaz de resolver os problemas de xestión de urbanismo, a non ser que sexas o concelleiro da área, Lage Tuñas, realices as obras sen licenza e obtéñala en tempo récord.
Arquitectos, promotores e todo o sector alertan de que a paralización dos desenvolvementos urbanísticos para obter chan, a lentitude na concesión das licenzas e a carencia de incentivos á rehabilitación, fan que a oferta de vivenda nova atópese en mínimos históricos. A Xunta de Galicia quedouse soa nesta materia. A súa previsión é construír máis de mil vivendas protexidas na área da Coruña cun investimento de 55 millóns de euros.
A nova lei de vivenda provocou que se reduza o número de vivendas en alugueiro, debido á desprotección dos propietarios e os problemas da inqui-okupación (inquilinos que permanecen nunha vivenda sen abonar a renda). Ante isto, o Partido Popular, a nivel nacional, tamén presentou 16 medidas urxentes fronte o “fracaso” da política de vivenda do Goberno de Pedro Sánchez