O PP da Coruña levará ao Pleno a situación das obras da área canina do parque de Santa Margarita

ACoruñaXa
Denuncian que o Goberno municipal informou o 20 de abril de que se acabaron as obras desta área canina, cando a realidade é que a actuación non está finalizada, provocando o enfado e malestar dos usuarios
Imaxe da área canina do parque de Santa Margarita na Coruña
22 Abr 2024

O Grupo Popular da Coruña presentou unha batería de preguntas escritas relacionas coa área canina de Santa Margarita, xa que, sinalan, que o Goberno municipal informou o 20 de abril de que se acabaron as obras desta área, aumentando a súa superficie, cando a realidade é que a actuación non está finalizada.

Por iso, os Populares queren saber por que o Goberno municipal publica unha información que non se axusta á realidade, segundo compróbase nas fotografías realizadas esta mañá na que se comproba o estado das obras e que se anexan, provocando o enfado e malestar dos usuarios.

Dende o partido, sinlan que non é a primeira vez que isto ocorre recentemente, xa que hai unha semana tamén anunciou un investimento para este ano de 4 millóns de euros en mantemento de viais públicos.

O Grupo Popular demostrou que era de 2,6 millóns, segundo resposta do Goberno municipal a preguntas escritas dos Populares, e segundo o contrato de mantemento prorrogado o pasado mes de febreiro. Só 1 de cada 5 euros que Inés Rey cobra aos coruñeses de imposto de circulación destínase a reparar as fochancas das rúas da cidade.

0.21999192237854