O PP da Coruña insta ao Goberno local a licitar o novo contrato do bus urbano

ACoruñaXa
Os populares presentaron unha moción para o Pleno do día 2 de maio xa que non será posible que o novo contrato entre en vigor o 1 de xaneiro, cando acaba a actual concesión
Buses Coruña
29 Abr 2024

O Grupo Popular da Coruña rexistrou unha moción para o seu debate e aprobación no Pleno do xoves 2 de maio sobre o novo contrato do bus urbano, de cuxa licitación non hai ningunha noticia a pesar de que o actual finaliza o próximo 31 de decembro.

Na iniciativa, os Populares instan o Goberno municipal a convocar a comisión de Movilidad para coñecer tanto o estado de redacción do prego como o alcance das demandas presentadas pola actual concesionaria contra o Concello. Xunto a poñer en marcha canto antes os procesos participativos e informativos con entidades veciñais, colectivos afectados e cidadanía en xeral, para solicitar as súas ideas e suxestións. Ademais, queren licitar a nova concesión coas debidas garantías e co maior consenso e aceptación pola cidadanía.

Sinalan dende o partido, que o ano 2024 ía ser un ano relevante para a cidade porque vence a concesión municipal do transporte urbano, un servizo básico e esencial para os veciños e que foi obxecto de múltiples mocións de todos os grupos políticos desde hai anos, coa única finalidade de conseguir mellor calidade na prestación do servizo.

A realidade é que, a día de hoxe, despois de gastar cantidades inxentes de diñeiro en estudos e memorias, atopámonos coa licitación sen comezar e coa imposibilidade de adxudicar a nova concesión en tempo e forma. Tamén están paralizados os procesos informativos e participativos. A oposición non sabe máis nada que as noticias que publican os medios de comunicación, a pesar das nosas preguntas e solicitudes de acceso que non son nin respondidas.

Por se isto fose pouco, a actual concesionaria do servizo demandou ao Concello por falta de pagamento dunha cantidade de diñeiro que podería alterar o orzamento municipal por aplicar unha tarifa aprobada sen consenso e que foi anulada polo xulgado. Unha cantidade de diñeiro que supera os 14 millóns de euros.

 

0.19030714035034