O PP da Coruña insta a Inés Rey a consensuar coa veciñanza as obras das rúas Padre Sarmiento e San Mateo

ACoruñaXa
Esta actuación vai provocar a desaparición de máis de 50 prazas de aparcamento entre ambas as rúas sen adoptar medidas alternativas
Imaxe de MIguel Lorenzo con veciños da zona
Imaxe de Miguel Lorenzo con veciños da zona
26 Jun 2024

O portavoz do Grupo municipal Popular na Coruña, Miguel Lorenzo, acompañado polos concelleiros Antonio Deus e José Ramón Amado, escoitou queixas de veciños das rúas Padre Sarmiento e San Mateo, na contorna do Parque de Sta. Margarita, pola realización de obras municipais sen consenso que eliminarán prazas de aparcamento.

Lorenzo insta á alcaldesa para acordar esta actuación antes de que comece, que elimina 2 de cada 3 aparcamentos en superficie, para que non suceda o mesmo que na praza de Pintor Laxeiro ou nas Casas de Franco, entre outras, onde cambiou o proxecto tras as protestas veciñais na rúa.

Nesta zona da cidade existe unha gran densidade de poboación e unha vez máis, o Goberno municipal vai executar unha obra que afectará á vida cotiá dos veciños e que vai provocar a desaparición de máis de 50 prazas de aparcamento sen adoptar medidas alternativas, ao pasar das 75 actuais a 25.

Desde o PP instan a Inés Rey a dialogar e acordar cos veciños as obras antes do seu comezo, xa que a execución das mesmas é inmediata ao estar adxudicada por importe de 825.220 euros e o contrato asinado desde o mes de abril cun prazo de execución de 10 meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17801594734192