O PP da Coruña insiste na necesidade do cese de Lage Tuñas

ACoruñaXa
O PP insta a Inés Rey a seguir o exemplo do Alcalde socialista de Corvera, que acaba de cesar a unha concelleira por facer obras sen licenza
O voceiro do PP da Coruña, Miguel Lorenzo
18 Abr 2024

O portavoz do Grupo Popular na Coruña, Miguel Lorenzo, insta á alcaldesa, Inés Rey a seguir o exemplo do alcalde socialista do Concello asturiano de Corvera, que este martes cesou a unha concelleira do seu goberno, responsable de Participación Cidadá, por realizar unha reforma integral dun inmoble da súa propiedade sen licenza para as obras.

O Alcalde, Iván Fernández, como recolleron onte diversos medios de comunicación asturianos, afirmou que “está suxeito á verdade, a legalidade, a exemplaridade e a transparencia en todas e cada unha das miñas actuacións e decisións como Alcalde”.

Por ende, Miguel Lorenzo considera que “ese é o camiño e estallo marcando outro alcalde socialista. É cuestión de onde pon cada un o listón do ético en política. A Alcaldesa dixo que non ía consentir ningún comportamento non adecuado a ningún dos seus concelleiros e eu pregúntolle: onde ten ese listón sobre o que é adecuado ou non? Porque ten un portavoz que mentiu no Pleno e que á súa vez é responsable de urbanismo e fixo obras sen licenza”, sinala.

“Entendo que a Alcaldesa estivese enganada ata o Pleno, pero desde ese día coñece o que hai, coñece os informes municipais que confirman que Lage Tuñas fixo obras antes de obter a licenza e coñece que eses tres informes ocultáronsenos no expediente que nos permitiron ver. Agora ten que tomar decisións e cesarlle nas súas competencias se non dimite, se non, será cómplice”, afirma o portavoz Popular.

0.20052194595337