O PP da Coruña esixe a licitación das obras do centro de saúde de Santa Lucía

ACoruñaXa
Os populares denuncian o atraso acumulado de case 10 anos na posta en marcha das obras de reforma do edificio do antigo mercado de Santa Lucía para dotar á Falperra dun centro de saúde, un mercado e un centro cívico
O voceiro do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo
4 Mar 2024

Os populares da Coruña rexistraron unha moción para o pleno do xoves 7 de marzo a través da cal insta o Goberno municipal a licitar o máis axiña posible as obras de reforma do edificio do antigo mercado de Santa Lucía para dotar á Falperra dun centro de saúde, un mercado e un centro cívico, cumprindo así cos compromisos adquiridos fai dez anos cos veciños do barrio.

En setembro de 2014, o Goberno municipal do Partido Popular asinou un protocolo coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no que ambas administracións comprometíanse a rehabilitar o edificio do mercado de Santa Lucía. Chegaba, con este acordo, a bo porto unha demanda dos veciños da Falperra que vían como a actividade do mercado tradicional íase deteriorando. Doutra banda, a atención sanitaria, na actual localización do centro de saúde na rúa Federico Tapia, tamén era susceptible de mellora.

Neste sentido, dende o PP denuncian que o atraso acumulado é de case 10 anos, moito tempo para un barrio que non dispón de ningún espazo público para a realización de actividades e tampouco doutro edificio público para a prestación de servizos; por iso a importancia deste edificio para dotar á Falperra destes servizos indispensables.

No anterior mandato da alcaldesa Inés Rey, os popualres sinalan que se deron poucos pasos para recuperar o tempo perdido: "O cal é menos entendible se temos en conta que existían acordos plenarios que apoiaban a actuación. Concretamente, en outubro de 2019 unha moción do Partido Popular obtivo o respaldo unánime de toda a Corporación".

A pesar do suposto compromiso do goberno municipal, os populares apuntan que durante o mandato anterior non se fixo realidade a recuperación deste edificio. Tan só iniciouse, ao final do mandato, o concurso de ideas, resolvéndose en maio de 2023, xusto antes das eleccións municipais. "Na actualidade, dez meses despois, segue sen estar asinado o contrato para o proxecto básico e de execución, que contará cun prazo de presentación de catro meses. Mentres, a Xunta espera co diñeiro para o centro de saúde incluído nos orzamentos autonómicos", apuntan.

"Unha vez máis, a lentitude da tramitación desespera aos veciños da Falperra que non entenden que tendo este Goberno Municipal todo a favor, non tramite con máis celeridade todo o proceso administrativo", explican. Debido a iso, ao non estar terminado o proxecto, non se pode dar comezo á licitación das obras. O Partido Popular indica que a consecuencia é que as obras tampouco van dar comezo durante 2024, engadindo outro ano máis ao atraso xa acumulado.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17503213882446