O PP da Coruña cuestiona "a ausencia dun dispositivo de seguridade ante a chegada dos ultras do Málaga"

ACoruñaXa
Os populares consideran que "nin Goberno nin Subdelegación tomaron medidas acordes coa coñecida magnitude do risco"
Imaxe do Estadio Abanca Riazor na Coruña
Estadio de Riazor
7 Out 2024

O Grupo Popular preguntará a Goberno municipal e Subdelegación pola total falta de planificación e dun dispositivo especial adecuado ante a coñecida chegada o sábado de douscentos radicais do Málaga.

“O venres a Unidade de Intervención Policial de Málaga deu aviso de que viñan para aquí dous centenares de seareiros violentos”, e o partido fora declarado de alto risco, a pesar do cal “non se programou un servizo especial para o sábado”, declarou Marcos Franco, secretario xera o do Sindicato Unificado da Policía (SUP) na Coruña.

Os radicais pasearon pola cidade ás súas anchas a serán do sábado, causando desfeitas e sementando o pánico, ante a ausencia dun dispositivo policial a pesar de que o partido fora declarado de alto risco polos antecedentes de rivalidade. Uns incidentes que condenamos e rexeitamos totalmente e agradecemos ás Forzas e Corpos de Seguridade o seu esforzo para evitar que ocorrese unha desgraza a pesar de non contar cos medios suficientes nin humanos nin materiais.

Nin Goberno nin Subdelegación tomaron medidas de seguridade preventivas para a noite do sábado acordes coa coñecida magnitude do risco e os axentes de Policía local e Nacional de quenda habitual foron abandonados á súa sorte por falta de reforzos, tal e como tamén denuncian os sindicatos policiais. Non se reforzaron as quendas de Policía, véndose a cidade envolta en numerosos altercados para os que os axentes, nunha clara inferioridade numérica e con medios precarios, víronse completamente desbordados na noite do sábado.

Os radicais do club andaluz chegaron á cidade o sábado sen que houbese un dispositivo policial de reforzo e control planificado. Os incidentes e desfeitas provocados tiveron que ser atendidos polas 6 patrullas de Policía local e as 3 da Nacional da quenda habitual de noite. Cando chegou o reforzo da UIP os radicais xa abandonaran a cidade.

É evidente que os axentes foron abandonados á súa sorte e que se controlou a situación grazas ao traballo das escasas patrullas que traballaron para iso nese momento e de forma exclusiva nas inmediacións do Estadio de Riazor. Todos os policías de quenda de noite estaban centrados neses incidentes pola nula planificación de seguridade do Goberno municipal e de Subdelegación. Se chega a haber calquera outro incidente na cidade, na que en había dous concertos con considerable afluencia de público, non houbese podidos ser atendido.

0.30255794525146