O PP da Coruña celebra a reunión de Inés Rey con Rueda, pero pídelle que cumpra a súa palabra

ACoruñaXa
O Portavoz do Grupo Popular celebra que o presidente da Xunta reciba o venres á Alcaldesa para falar sobre a fachada marítima
O voceiro do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo
7 Maio 2024

O portavoz do Grupo Popular, Miguel Lorenzo, celebra que o presidente da Xunta reciba o vindeiro venres, 10 de maio, a Inés Rey para falar sobre a fachada marítima.

“Creo que o diálogo entre as distintas administracións é bo e creo que esta reunión entre o Presidente da Xunta e Inés Rey é bo, pero gustaríame saber se despois a Alcaldesa vai manter ou non a palabra do compromiso adquirido porque xa demostrou a vez anterior que non o fixo”, afirma o Popular.

Miguel Lorenzo lembra que “a Alcaldesa neste tema perdeu credibilidade porque no seu momento ofreceu un acordo á Xunta, que o aceptou, e que logo ela non quixo cumprir”.

“Creo que a fachada marítima é o futuro da cidade. Debemos afrontar ese futuro e debemos construílo entre todos. Xa o dixen no Pleno, hai que facelo ben, sen présa pero sen pausa, pero sobre todo con boa letra. Vai afectar ás xeracións futuras e vai cambiar totalmente a cidade”, sinala.

En canto á addenda do convenio do polígono de Pocomaco rexeitada polo Pleno municipal, Miguel Lorenzo afirma que “Inés Rey debe asumir que está en minoría e cun goberno débil pero nin quedándose sen o apoio dos seus socios de goberno é incapaz de dialogar connosco”

A Alcaldesa non foi capaz de lograr que o Pleno aprobase a addenda ao convenio de Pocomaco porque non buscou os apoios necesarios. “O que levou a Pleno o asunto da addenda foi o Goberno municipal e é o que debe conseguir os apoios, pero non falaron cos seus socios de goberno, o Bng, nin connosco”

Lorenzo advirte que cando o Goberno municipal faga as cousas mal, “non as apoiaremos, como este expediente ou as facturas irregulares do Imce por 3,5M€ que tampouco contou co apoio do Bng”, que non se incluíu na orde do día do Pleno tras denunciar a gravidade do asunto e o informe demoledor do interventor

O PP votou no Pleno de febreiro a favor da proposta de Convenio para que queda claro o noso compromiso, advertindo que faltaba a parte económica, e no de maio votou en contra da addenda polo informe de Intervención. “O noso grupo está comprometido coa regularización e a recepción de Pocomaco, pero non podemos compartir as formas que está a utilizar o Goberno para resolvelo”.

 

 

0.20658206939697