O PP cuestiona ao Concello polo recorte do 20% no Bonotaxi e pide o seu aumento
O Grupo Popular critica que a alcaldesa, Inés Rey, recortase nun 20% o importe destinado para Bonotaxi en 2024 a pesar de deixar fóra ao 26% dos solicitantes en 2023. Por elo, dende o partido instan á rexedora para aumentar o importe deste programa social para que ningunha persoa con discapacidade que necesite a axuda quede fose.
O recorte do 20%, supón 31.000 euros menos destinados para esta axuda, pasando de 156.000 euros no ano anterior aos 125.000 euros actuais, a pesar de que denegou esta prestación ao 26% dos solicitantes en 2023, ao deixar fóra a 93 das 352 persoas que a pediron.
Ademais, os populares sinalan que aínda que o IPC subiu un 3,1% en 2023, polo que as persoas dispoñen de menos diñeiro para os seus gastos, e que a tarifa do taxi aumentou na nosa cidade un 4,7% este ano, o importe máximo da axuda por persoa non aumentou, segue en mil euros, a pesar de que Inés Rey presume de orzamento máis alto da historia.
Os populares piden lembrar que, como denunciaron na tramitación do orzamento de 2024, este recorte social como o Bonotaxi únese a outras reducións como un 7% menos en Programas Sociais, un 9% menos en Emerxencia Social ou un 20% menos en Renda Social.