O PP critica que o Concello reúna ao Consorcio da Música soamente para subir os prezos
O Grupo Popular da Coruña denuncia a falta de interese da alcaldesa, Inés Rey, por manter vivo un proxecto cultural único en Galicia e referente nacional como o Consorcio da Promoción da Música, ao convocar a súa Xunta de Goberno tras 15 meses sen facelo para non abordar ningún dos problemas como a falta de orzamento ou os problemas de mantemento do Palacio da Ópera.
Neste sentido, critican que este martes celebrouse unha Xunta de Goberno do Consorcio con asuntos que tiñan que aprobarse en 2023, como a Conta Xeral de 2022, o convenio colectivo 2022/24 ou solicitar unha subvención á Deputación para 2023, e, ademais, unha subida de prezos para esta tempada que non apoiamos.
Dende o PP sinalan que o Goberno municipal non levou aos Xunta asuntos que si debería incluír na orde do día como a aprobación dun novo orzamento para 2024 a pesar de dispoñer dun anteproxecto por importe de 11,2 millóns de euros, senón que prorrogou o de 2023 por 9,9 millóns.
Ademais, destacan que tampouco se tratou o estado lamentable en que se atopa o Palacio da Ópera, onde actúa a Orquestra Sinfónica e ten as súas oficinas o Consorcio, con pingueiras e problemas de mantemento que afectan a boa parte da instalación a pesar de acoller a unha das orquestras máis importantes de España e un dos símbolos da cidade como é a OSG.
A pesar de non aprobar un novo orzamento e de non abordar os problemas das instalacións, tanto Psoe como Bng aprobaron unha subida do prezo das localidades nun 3%, que non contou co apoio do Partido Popular.
A política cultural do goberno municipal non existe. A cidade foi un referente cultural durante moitos anos, pero xa non o é e hai que recuperalo. Non hai un proxecto cultural máis aló de concertos