O PP acusa o goberno de Inés Rey de deixar sen notificar a maioría das denuncias contra VTC remitidas pola Xunta

ACoruñaXa
Os populares aseguran que, de máis de 150 expedientes enviados, o Concello tramitou 62 e só notificou 14, e piden ‘a mesma axilidade’ que cando a sanción recae nun particular
A CORUÑA vtc
19 Feb 2026

O grupo municipal do PP na Coruña denunciou que o goberno local de Inés Rey mantén sen notificar ‘máis do 90%’ das denuncias contra vehículos VTC remitidas pola Xunta de Galicia. Segundo explican os populares, a resposta do executivo municipal a preguntas escritas no último pleno indica que, de máis de 150 denuncias recibidas, se tramitaron 62 e só se notificaron 14.

O PP considera que esta falta de avances nos expedientes supón unha ‘pasividade’ que prexudica directamente ao sector do taxi. A formación sostén que a demora permite que empresas de VTC realicen, segundo a súa versión, servizos urbanos sen licenza municipal e sen as condicións esixidas pola normativa, o que cualifican de competencia desleal.

‘Esiximos a mesma axilidade que cando a sanción é a un vehículo particular’, sinalan desde o grupo popular, que tamén apunta ao malestar dos taxistas. Segundo o PP, o sector pregúntase por que o Concello non tramita o conxunto das denuncias remitidas pola Xunta e reclama que o goberno local ‘asuma a súa responsabilidade’ para facer cumprir a regulación vixente.

⚙ Configurar cookies
0.079024076461792