O pleno de Sada aproba as liquidacións dos contratos de auga e saneamento e impulsa a rehabilitación da capela de San Roque

ACoruñaXa
A corporación deu luz verde ao POS+2026, con 843.974,42 euros para gasto corrente e 376.632,84 euros para a capela, e aprobou unha moción para reclamar un financiamento máis xusto do SAF
SADA pleno enero 26
30 Jan 2026

O Concello de Sada celebrou o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro de 2026, no que se debateron e saíron adiante varios asuntos de xestión municipal e de carácter social.

Entre os puntos aprobados figura a liquidación anual dos contratos dos servizos de auga, saneamento e depuración dos exercicios 2021, 2022, 2023 e 2024. A proposta contou co voto favorable de Sadamaioría, Unidos por Sada, BNG, PSOE e o concelleiro non adscrito, mentres que o PP optou pola abstención.

A sesión tamén aprobou por unanimidade a rehabilitación da Capela de San Roque, unha intervención que, ademais, se vincula ao POS+2026. Neste apartado, o pleno ratificou a proposta do plan provincial: no POS+ principal, destínanse 843.974,42 euros a gasto corrente, e no POS+ complemento resérvanse 376.632,84 euros para a rehabilitación da capela. Neste punto, Sadamaioría, BNG e PSOE votaron a favor, mentres que Unidos por Sada, PP e o concelleiro non adscrito votaron en contra.

No apartado de iniciativas políticas, unha moción do BNG relativa á modificación da ordenanza de talas non chegou a votarse como moción, ao ser tratada finalmente como rogo. Pola contra, si foi aprobada a moción do BNG para garantir un financiamento xusto do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que saíu adiante cos votos de Sadamaioría, Unidos por Sada, BNG e PSOE, e coa oposición do PP e do concelleiro non adscrito.

⚙ Configurar cookies
0.078552961349487