O Pleno da Coruña aproba unha subida do do 3,5% no recibo da auga
Este xoves 11 de abril celebrouse no Concello da Coruña unha sesión ordinaria do Pleno Municipal, presidida pola alcaldesa, Inés Rey, presidiu este xoves a sesión ordinaria do Pleno municipal, na que se aprobou unha subida na tárifa da auga.
Deste xeito, fixoo seguindo o acordo acadado o ano pasado para a aplicación de políticas fiscais. A actualización supón un incremento do 3,5% no recibo, moi por debaixo do 20% da suba do IPC desde a última actualización, no 2015. Isto suporá unha subida media de 0,38 euros mensuais nos recibos.
O Concello da Coruña mantén vixentes as bonificacións nas taxas, de tal xeito que os perceptores da Risga non pagarán nada polo servizo, igual que aquelas persoas que perciban ingresos inferiores ao Iprem. Aqueles que ingresen menos de 1,5 veces o Iprem, terán un desconto do 75% e as familias numerosas e monoparentais, do 50%.