O Pavillón de Irixoa acolle un taller sobre o solo pelviano

ACoruñaXa
O vindeiro día 26 de febreiro o Pavillón Municipal de Irixoa acollerá un taller de solo pelviano impartido por unha matrona do Sergas
Cartel do curso de solo pelviano en Irixoa
20 Feb 2024

O vindeiro día 26 de febreiro o Pavillón Municipal de Irixoa acollerá un taller de solo pelviano impartido por unha matrona do Sergas. A actividade desenvolverase a partir das 16.00 horas e o obxectivo é ensinar as asistentes exercicios para manter en forma esa parte importante da súa anatomía.

Acudir ao taller é de balde, pero deberase reservar praza. Todos os interesados en tomar parte da actividade formativa deberán anotarse nos Servizo Sociais do Concello ou chamando ao teléfono 981 793 001. Ademais dende a organización destacan que será preciso acudir a ela con roupa e calzado cómodo e cunha toalla de man.

0.16737508773804