O Parque de Monticaño abre a tempada de obradoiros con técnicas para multiplicar plantas e traballar o vimbio

O Parque de Monticaño converterase a última fin de semana de febreiro nun punto de encontro para as persoas afeccionadas á xardinaría e á natureza. A axenda chega con dous obradoiros prácticos centrados na reprodución vexetal, con prazas baixo inscrición e prezos diferenciados segundo a vinculación co municipio.
O sábado 27 de febreiro celebrarase o obradoiro de esqueixes e macetado de Salix, no que se abordará a multiplicación do vimbio. A sesión, impartida polo especialista Rubén Escuredo, desenvolverase en horario de 16.00 a 20.00 horas.
Ao día seguinte, o domingo 28 de febreiro, será a quenda dun curso de propagación de plantas de interior. A formación, guiada por Estefanía Jacinto, incluirá técnicas de corte, división e sementeira, entre outros procedementos, de 10.00 a 14.00 horas.
As actividades teñen un prezo de 15 euros para persoas empadroadas en Arteixo e clientes de Sumarte, mentres que a tarifa xeral é de 25 euros. Para información e reservas, pódese contactar a través do correo cursoseme@sumarte.gal, ou nos teléfonos 698 193 000 e 604 012 930. Tamén hai máis detalles na web de Sumarte.