O parque de Celas en Culleredo acollerá un espectáculo de monicreques polo 40 aniversario do Centro Dramático Galego
ACoruñaXa
O acceso ao evento, fixado ás 20.30 horas do martes, será libre
15 Xul 2024
O Concello de Culleredo continúa no verán coa súa programación cultural para todas as idades. O parque de Celas acolle mañá, martes 16 de xullo, un espectáculo de monicreques que forma parte da xira do 40 aniversario do Centro Dramático Galego.
“A Utópica Rodante: De Vilatriste a Vilalegre” representarase desde as 20.30 horas na pista cuberta da parroquia. O acceso será de balde e libre.
O espectáculo é unha coprodución do Centro Dramático Galego e Teatro Ó Cubo. É unha disparatada peza na que se mesturan a identidade rural e os superheroes. Está dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto Casal Mouriño sobre o texto orixinal de Roi Vidal Ponte.