O Obelisco rememora o Mundial de fútbol feminino acadado por España cunha exposición a pé de rúa

ACoruñaXa
A exposición ‘El viaje hacia la estrella’ forma parte das actividades paralelas polo partido da Selección fronte a Bélxica do vindeiro martes 16 en Riazor
Imaxe da exposición ‘El viaje hacia la estrella’ no Obelisco da Coruña
Imaxe da exposición ‘El viaje hacia la estrella’ no Obelisco da Coruña
9 Xul 2024

A exposición 'El viaje hacia la estrella' xa está dispoñible para a cidadanía na contorna do Obelisco. A mostra organizada pola Real Federación Española de Fútbol en colaboración co Concello amosa unha serie de imaxes e textos sobre a consecución do Mundial de Australia e Nova Zelanda do 2023.

A cidadanía poderá ver esta exposición ata o vindeiro domingo 14 de xullo. A súa chegada á cidade forma parte das actividades paralelas polo partido de clasificación para a Eurocopa 2025 que disputarán España e Bélxica no estadio municipal de Riazor o vindeiro martes 16 ás 19.00 horas. As entradas para este enfrontamento xa están á venda a un prezo de entre 10 e 15 euros.

Será a segunda visita da Selección absoluta feminina á cidade tras o partido ante Azerbaixán celebrado no ano 2019 e que supuxo o récord nacional de asistencia a un partido internacional de fútbol feminino, con máis de 10.400 persoas asistentes en Riazor. A alcaldesa, Inés Rey, animou a cidadanía o pasado venres, durante a presentación deste partido, a encher o estadio e amosar o seu apoio á selección a escasas semanas de que viaxen a París para disputar os Xogos Olímpicos.

Ademais, outra das actividades paralelas organizadas polo Concello e a RFEF será unha zona fan, instalada na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor o sábado 13 e o domingo 14. Haberá actividades lúdico-deportivas para todas as idades, con especial atención na mocidade. Haberá música, unha pista de fútbol 3x3, "chutómetro", fotomatón, futbolíns, xogos familiares e moitas sorpresas.

0.19222784042358